CRTVG

Buscar

Grandes colas en Xixón para comprar unha entrada para o Lugo-Spórting

Publicado o 10/12/2019 20:25

E este domingo o Anxo Carro vaise encher de seareiros do Spórting. Esta tarde puxéronse á venda as entradas para o Lugo-Spórting no despacho de billetes do Molinón, e vaia colas!

Agárdanse máis de 1.200 afeccionados sportinguistas no estadio do Lugo. É dicir, van vender todas as entradas que o Lugo enviou a Xixón. Os máis afortunados xa posan coas súas entradas.

O Spórting está só un punto por enriba dos lugueses, polo que será un duelo directo por afastar as pantasmas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019