CRTVG

Buscar

Grande-Marlaska salvará a súa reprobación co apoio de PNV e Podemos

Publicado o 24/06/2020 18:22

A reprobación do Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, non vai prosperar grazas aos nacionalistas.

A iniciativa do PP será votada este xoves. O ministro contará co apoio de PSOE, Unidas Podemos e PNV e coas abstencións de ERC, Bildu e Junts Per Cat. A favor da reprobación votarán o PP, Vox e Ciudadanos. Durante o dabate, ao que non asistiu o ministro, a voceira do grupo popular acusouno de mentir e de traizoar os principios que defendía cando era xuíz.

Ana María Beltrán, voceira do Grupo Popular: "Cambiou a toga polo traxe e os seus principios polos dun presidente que non dudaría en espremelo ata a última gota de dignidade con tal de permanecer na Moncloa un día máis". "Hoxe non só defendo a reprobación de Grande-Marlaska, senón que reclamo a súa destitución pola súa actitude contraria a dereito e antidemocrática".


 

Noticias web

24/06/2020