CRTVG

Buscar

Grande-Marlaska nega que estean desbordados pola violencia en Cataluña

Publicado o 19/10/2019 20:51

O ministro de Interior en funcións desprazouse a Barcelona e visitou algúns dos axentes feridos. Marlaska defendeu que as forzas da orde están actuando con proporcionalidade e coordinadas.

"Non estamos desbordados. Isto é unha situación de orde pública grave, pero á que o Estado con todos os seus corpos policiais está dando resposta".

O ministro reuniuse co gabinete de coordinación das forzas da orde e co conselleiro de Interior da Generalitat. Miquel Buch apoiou a actuación dos Mossos e, sen querer entrar a avaliar a idoneidade do resto do dispositivo, mostrou o seu respecto por todos os axentes que están na rúa e polos mandos de coordinación.

"Confío nos responsables do dispositivo, que é un dispositivo coordinado".

O ministro e o conselleiro compareceron ante a prensa por separado. Aos dous preguntáronlles polo perfil dos manifestantes que están exercendo a violencia nas rúas.

Tamén ante a prensa, Marlaska reprochou que Torra e parte do seu Goberno non estean condenando firmemente a violencia, mentres que Buch apelou a todos os partidos políticos a non facer electoralismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019