CRTVG

Buscar

Grande-Marlaska, na homenaxe ás vítimas do terrorismo: "Nunca houbo dous bandos, hai asasinos e vítimas"

Publicado o 09/03/2020 14:04

O ministro do Interior presidiu o acto central do Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.

Fernando Grande-Marlaska, acompañado polos titulares de Xustiza e Educación, escoitou os testemuños de dúas vítimas. O fillo de Francisco Tomás y Valiente, asasinado pola ETA en 1996, pediu que non exista impunidade para os asasinos. E un supervivente do 11-M esixiu a fin da violencia.

O ministro do Interior dixo que no terrorismo non hai bandos, e defendeu a importancia de lembrar as vítimas.

Noticias web

09/03/2020