CRTVG

Buscar

Grande expectación en Santiago e Boiro polo xuízo

Publicado o 10/04/2019 17:50

Os veciños viven con expectación o que pode ser a antesala do xuízo sobre a morte de Diana Quer. Non deixan de amosar curiosidade pola incerteza do veredicto deste caso. Todos coñecen o Chicle. Ninguén pode dicir que lle sorprenda que sente no banco dos acusados: "Andaba bastante, esfumábase. Non estaba sempre no mesmo sitio. E pouco a pouco íase collendo porque a xente íao acosando. Non sabiamos que era tan agresivo. Desa persoa non sorprende nada. Máis ou menos, xa a Garda Civil desconfiaba del. E ao caer os dous rapaces que o viron coller a rapaza xa caeu todo. Se el conseguira levar a moza esta de aquí de Boiro ía ir para o mesmo sitio".

Daquela os veciños de Boiro xa condenaron o intento de secuestro polo que é xulgado hoxe. Ninguén se explica como José Enrique Abuín Gey puido pasar máis dun ano sen levantar sospeitas. Polos seus coñecidos antecedentes, na vila falan dun tipo afeito a manexarse no mundo da venda de drogas e cun pasado como presunto abusador sexual. Un home capaz de facer unha barbaridade, pero sen a intelixencia suficiente para ser capaz de manter agochado o seu lado escuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019