CRTVG

Buscar

Gran triunfo de Leyma Coruña en Granada e o COB gáñalle a Lleida cun recital defensivo

Publicado o 11/01/2020 10:18

O Leyma Coruña segue co seu gran momento de forma e acadou o terceiro triunfo consecutivo no partido diante de Granada (70-78). En ningún momento perdeu o mando do partido que comezou cun gran primeiro cuarto de Kamba con 3 de 4 en triplas que posibilitou un primeiro parcial de 16-21. Ao descanso chegou o cadro coruñés con máis de dez puntos de vantaxe (32-43). No terceiro periódo apareceu a figura do senegalés Thiam que supliu a perfección a ausencia de Blackwell. Anotou 10 puntos e colleu 8 rebotes na súa mellor aparición da temporada e resultou determinante para manter a vantaxe. Leyma Coruña é cuarto na clasificación cun balance de 12 vitorias e 5 derrotas, a dous triunfos do líder Valladolid.

O COB tamén venceu, na casa e diante de Lleida nun exercicio de solidariedade defensiva. Deixou ao seu rival en 49 puntos (64-49). O máis destacado, unha vez máis, foi o serbio Darko Balaban con 14 puntos e 10 rebotes. Tamén destacou Connor Wood, imparable dende a liña de tres. O conxunto ourensán remata a primeira volta en postos de play off. É noveno clasificado, con 9 vitorias e 8 derrotas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2020