CRTVG

Buscar

Gran recibimento no Liceo La Paz a Jacobo Garrido, campión do mundo de natación adaptada

Publicado o 17/09/2019 14:56

Gran recibimento o que tivo esta mañá no Colexio Liceo La Paz Jacobo Garrido, o mozo de 17 anos que esta fin de semana se proclamou campión do mundo de natación adaptada. Alí, compañeiros e profesores agardábano cunha gran pancarta de felicitación e destacaron o seu afán de superación, loita, esforzo e humildade.

Contento e emocionado. Así se amosou Jacobo tras o gran recibimento dos seus compañeiros e profesores do Liceo La Paz.

Jacobo Garrido. Campión mundial de natación adaptada: "Eu estaba na clase agardando... e moi contento tamén polo ouro porque fun pelexar polo bronce e ao final caeu o ouro".

Proclamouse campión do mundo nos 400 metros libres de natación adaptada. A final, celebrada en Londres, foi moi igualada. Os catro primeiros entraron no mesmo segundo. O cuarto quedou a só seis décimas do ouro.

Jacobo Garrido, campión mundial de natación adaptada: "Eu cando ía á metade da carreira e iamos catro seguidos...".

Unha celebración que continuou hoxe cos seus compañeiros de segundo de bacharelato. Todos destacan del o seu afán de superación, loita, esforzo e humildade.

Javier Fernández Vázquez, coordinador de bacharelato do Colexio Liceo La Paz: "Queriamos refrendar ese orgullo que temos cara a el...".

Agora, a un ano de que se disputen os Xogos Paralímpicos de Toquio, Jacobo vai seguir traballando arreo para lograr outro obxectivo.

Jacobo Garrido, campión mundial de natación adaptada: "O principal é ir ás olimpíadas...".

Jesús de la Fuente, adestrador de Jacobo Garrido: "A el cambioulle a vida...".

Ao final do acto, o campión mundial quixo deixar constancia do seu agradecemento e fíxoo escribindo unha fermosa e emotiva mensaxe no Libro de Ouro do Colexio que o viu medrar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019