CRTVG

Buscar

Gran parte da provincia de Lugo, baixo cero

Publicado o 07/01/2021 14:46

Bonecos de neve que resisten o paso do tempo.

 "Viñemos antes de onte e a neve estaba xenial para xogar, hoxe está conxelada".

E que xa son varios días cos termómetros baixo cero.  

"Nalgunha zona menos catro ou menos ainda"; "Eu lembro carámbanos de dous metros".

E xa se notan os efectos deste tempo frio. 

"Hoxe en moitas casas conxelaronse as tubaxes da auga da traída". "Conxélanse as portas, e temos problemas para pasar polos sitios por onde a neve non se foi, porque agora é xeo".

Temperaturas que complican a rutina diaria, pero non a interrompen. "A xeada dá respecto porque non a ves, pero con control e paciencia non hai problema".

O aire frio seguirá acompañandonos e incluso pode que volva nevar.

"Entón haberá que poñer o abrigo, abrigarse en apañar leña".

Un frío polar que tamén nos deixa paisaxes de postal.

Noticias web

07/01/2021