CRTVG

Buscar

Gran despregamento no Grove par rescatar do mar uns turistas rusos

Publicado o 31/05/2019 17:14

A imprudencia de catro turistas rusos que se botaron ao mar en plena noite obrigou a mobilizar un amplo despregamento de medios de rescate por terra, mar e aire na illa da Toxa. Finalmente, todos saíron ilesos.

En bañador e polo seu propio pé, arredor da medianoite, chegaba ao hotel Louxo da Toxa o último rescatado. Todo comezara unha hora antes aquí, no antigo embarcadoiro do Gran Hotel, onde catro turistas rusos, tres homes e unha muller, que participaban nunha convención empresarial no propio hotel, decidiron tirarse á auga, en plena noite e contra corrente.

Un deles, que conseguira volver a terra, deu o aviso. Os seus compañeiros non lograban saír da auga, así que desde o 112 e Salvamento Marítimo comezaron a mobilizar medios. Ademais de Protección Civil e Garda Civil, avisaron 2 buques de rescate, o Salvamar Sargadelos e o Irmáns García Nodal, unha patrulleira e o helicóptero de rescate Pesca 1.

Houbo momentos de confusión en que non se sabía cantos quedaban na auga. Aínda que non o parece, é unha zona especialmente perigosa polas correntes.

Ás 12 e 3 minutos, levantouse o operativo, con todos de volta no hotel.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/05/2019