CRTVG

Buscar

O furacán Grace deixa polo menos nove mortos en México, a maioría deles nenos

Publicado o 22/08/2021 12:45

Grace, que degradou a treboada tropical nas últimas horas pero que tocou terra como furacán, deixou polo menos nove mortos no estado mexicano de Veracruz, inundacións e graves danos. Sete dos falecidos rexistráronse na capital do estado Xalapa, onde unha ladeira se derrubou sobre unha pequena casa. Morreron alí seis persoas, unha nai e os seus fillos menores.

Unha pequena máis morreu noutra zona de Xalapa, e a oitava vítima é unha persoa que transitaba pola rúa en Poza Rica. Hai polo menos tres desaparecidos.

Grace tocou terra como furacán de categoría 3 de 5 no concello de Tecolutla, o norte de Veracruz e agárdase de debilite a depresión tropical en horas para disiparse o domingo.

Agora o ciclón avanza polo centro de México. As chuvias torrenciais causaron ademais inundacións en Xalapa polo que as autoridades advirten de corrementos de terras e novas inundacións.

Noticias web

22/08/2021