CRTVG

Buscar

Google promocionará o Camiño de Santiago en Street View

Publicado o 04/05/2020 21:13
Google promocionará o Camiño de Santiago en Street View

A Xunta e Google colaborarán na promoción internacional do Camiño de Santiago. Difundirase no proxecto cultural estrela do xigante tecnóloxico. Incluirá exposicións interactivas e a dixitalización a grande escala das diferentes rutas e os monumentos a través da tecnoloxía Street View. Xa se están planificando as gravacións. Durante a celebración do Consello Xacobeo, Galicia invitou o resto da comunidades a incorporarse ao proxecto que consideran estratéxico para a difusión do Xacobero 2021
 

Noticias web

04/05/2020