Google esíxelles aos empregados que se inmunicen se queren volver á oficina
Publicado o 30/07/2021 15:42

Nalgúns países estase freando o ritmo de vacinación porque moitos adultos se resisten a vacinarse. É o caso por exemplo dos Estados Unidos.
Esta circunstancia e o rápido avance da variante delta no país fixo que algunhas empresas comezaran a pensar en facer obrigatoria a vacinación dos seus empregados.
E así Google xa lles anunciou aos seus 130.000 empregados que se vacinen se queren volver á oficina en outubro. Google é a primeira grande empresa tecnolóxica que impón a inmunización obrigatoria, pero non foi a única, Facebook ou Netflix xa seguiron os seus pasos.