CRTVG

Buscar

Google admite que grava as conversas do seu asistente virtual

Publicado o 12/07/2019 21:54

Mentira, ruxerruxe ou mito o certo é que non é a primeira vez que escoitamos que os nosos propios dispositivos poden ser tamén espías das nosas conversas. Desta volta, Google, despois dunha filtración dun dos seus traballadores, acaba de admitir que grava un 0,2% das conversas dos usuarios do seu asistente virtual.

Fernando Suárez, Presidente Colexio Profesional de Enxeñería Informática, di que hai moita incerteza e que non temos seguridade do que está a pasar. Pero apunta que si que hai probas de que se gravan moitas das conversas que temos cos asistentes de voz.

Ok Google, é o asistente do que hoxe se fala en todo o mundo. O mesmo que nos informa do tempo ...... , de se grava ou non as conversas .... ou incluso do ano de creación da Televisión de Galicia. .... Un asistente que ten os seus homólogos noutras marcas, con servizos moi similares: compras, buscas en Internet, alarma, música ... 

En definitiva, un dispositivo útil e que facilita a vida cos comandos de voz. Porén, ten agora un inimigo a abater: a nosa privacidade. Ante tanta incerteza que podemos facer para preservala?

Fernando Suárez, Presidente Colexio Profesional de Enxeñería Informática, di que é preferible se non usamos o aparello telo apagadao, periódicamente eliminar as conversas e ser cautelosos e conscientes do sitio no que o temos para non ter conversas privadas.

Cumprilo non freará o frenético ritmo do mundo tecnolóxico e da nosa exposición nel pero que nos axudará, xunto coa Lei de protección de datos, a vivir máis tranquilos e menos vixiados.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019