CRTVG

Buscar

Gonzalo García triunfa no fútbol holandés

Publicado o 17/11/2019 15:05

O técnico de orixe galega coincidiu con Óscar García no Maccabi de Tel Aviv

O ex-compostelanista Gonzalo García é o técnico de moda no fútbol holandés á fronte do histórico Twente co que se mantivo invicto nas seis primeiras xornadas apoiado nunha idea clara de xogo.

Gonzalo García, adestrador do Twente F. C.: "Un equipo que quere saír desde atrás, un equipo que xoga rápido a pelota cara adiante, un equipo ofensivo pero que no momento de perda é agresivo e ataca o balón constantemente".

Gran parte do seu éxito débese á colonia española composta por cinco xogadores, entre os que destacan o centrocampista Espinosa, con catro asistencias, e Aitor Cantalapiedra, segundo máximo realizador do equipo con seis goles.

Gonzalo García, adestrador do Twente F. C.: "Ten que ver coa forma de xogar tamén, xogamos de xeito diferente ao resto de equipos holandeses, en Holanda márcase moito ao home e nós desde a zona metemos presión cara adiante, entón o xogador español está máis acostumado a iso tamén".

Unha das influencias do Gonzalo García adestrador é Óscar García, o seu técnico no Maccabi israeli.

Gonzalo García, adestrador do Twente F. C.: "Gústalle un equipo organizado, que queira ser protagonista, o que pasa é que é complicado de comparar coa situación que tiña connosco que eramos o Maccabi de Tel Aviv, o equipo máis forte do campionato, entón xogabamos en campo rival constantemente".

Antes de marchar de Santiago, Gonzalo comezou preparar o encontro da vindeira semana, que pode devolver o Twente a postos europeos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019