CRTVG

Buscar

Gonzalo García de Vitoria: "Cremos en nós mesmos. Fixemos algo que ninguén pensaba"

Publicado o 29/05/2019 18:31

O COB pon rumbo a Bilbao onde este sábado pelexará polo ascenso á ACB. Nesa batalla acompañarano máis de 300 afeccionados que lles darán alento fronte á Palma. Xogar en Bilbao é xa un premio para os de Gonzalo García. A guinda perfecta a un tenporada excelente NA que se cumpren 30 anos do seu primeiro ascenso á ACB. 

"É un premio moi grande para nós. A liga ditou sentenza no sentido de que dos catro favoritos un xa ascendeu e o resto están no play off. Imos con boas sensacións. Fixemos algo que ninguén esperaba, que foi meterse nesta Final Four, gañamos un play off. Cremos en nós mesmos. Se facemos as cousas ben, pensamos que imos ter a nosa oportunidade", di o técnico cobista, Gonzalo García de Vitoria

Na outra eliminatoria, o Bilbao, favorito, mídese co Melilla.

Noticias web

29/05/2019