CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero urxe a Xunta a acabar coas listas de espera na Atención Primaria

Publicado o 04/08/2021 13:22

Sanitarios da provincia de Pontevedra protestan pola situación do sistema público. Convocados polos sindicatos, hoxe concentráronse ás portas do centro de Saúde de Baltar, en Sanxenxo. Denuncian sobrecarga de traballo e mala xestión dos recursos. O Colexio de Médicos de Pontevedra presentou nos xulgados unha demanda contra os xerentes das áreas de Pontevedra e Vigo.

Nesta protesta tamén participou o líder dos socialistas galegos. "É necesario sacar ao longo desta lexislatura 5.000 prazas estables para profesionais sanitarios para cubrir baixas e xubilacións, para ter unha atención primaria de primeira e para impedir que sigan existindo listas de espera, o cal é un atentado contra os dereitos sanitarios dos galegos e as galegas", dixo Gonzalo Caballero. 

Noticias web

04/08/2021