Gonzalo Caballero reclama que o medio rural estea na axenda dos fondos europeos
Publicado o 15/10/2021 14:28
Unións Agrarias denuncia a situación crítica do sector cárnico polos altos custos de produción e anuncia mobilizacións. Reivindicacións que tamén lle trasladaban hoxe ao secretario xeral do PSdeG. Gonzalo Caballero reiterou o seu compromiso co rural e reclamou que o sector primario estea na axenda dos fondos europeos.
"Os fondos europeos e as políticas da Xunta teñen que ir destinadas tamén a impulsar o medio rural, a posibilitar un desenvolvemento no que non haxa unha Galicia a dúas velocidades, que se dean desde as administracións públicas todos os impulsos necesarios. Se queremos unha reactivación real en Galicia cómpre unha nova política de medio rural", Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.