CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "Queremos darlle voz no Parlamento ao novo tempo político en Galicia"

Publicado o 18/07/2019 10:30

A investidura de Sánchez

"O importante é que en España os cidadáns falaron con moita claridade, Pedro Sánchez gañou con moita claridade. Non hai ningunha opción que non sexa un goberno liderado polo PSOE. Ir de novo a eleccións non garante un resultado diferente. Por iso, o resto de forzas deben actuar de acordo ao expresado polos cidadáns nas urnas, que haxa unha investidura, a ser posible, este mes de xullo". 

"O PSOE é un partido constituional e constitucionista, comprometido coas políticas públicas. Cando gobernamos hai avances moi importantes. Eu creo que ten que haber un goberno progresista. Cada un ten que ser responsable do que fai. Os socialistas galegos apoiamos a Sánchez na decisión que tome".

A consulta de Podemos

"Podemos ten que saber que a maioría da sociedade quere un goberno progresista, que arranxen as súas cousas".

Incorporación ao Parlamento de Galicia

"Son secretario do partido dende outubro de 2017. Veño á vida política dende unha longa traxectoria académica. E hai que respectar os tempos políticos. Collín un partido que estaba moi debilitado e este ano gañamos as últimas tres eleccións. Hai un novo tempo político e queremos darlle voz no Parlamento a ese novo tempo político". 

Eleccións en Galicia

"Eu quero que Feijóo lle diga a cidadanía cando van ser as eleccións. Está asustado. Levou un duro revés electoral. Os galegos suspenderon a xestión de Feijóo nas urnas. O Parlamento reflexa a realidade de 2016, pero a Galicia en 2019 é moi distinta. Feijóo leva tres anos sen gobernar, pensando en se ía a Madrid ou non. Que tres decisións tomou nos últimos tres anos para mellorar a vida dos galegos e galegas? Ningunha".

O traballo no grupo parlamentario

"Temos un magnífico voceiro parlamentario. Eu agora voume dedicar en exclusiva á vida parlamentaria. Hai que buscar unha Galicia distinta. Como deixou Feijóo a sanidade, o medio rural, as cidades? Hai menos xente ocupada agora en Galicia que cando Feijóo chegou á Xunta. Hai menos camas hospitalarias. Hai un problema de despoboamento máis longo. Agora promete melloras en tempos en que el non vai estar. Promete hospitalización a domicilio, cando non cumpriu cos PAC nin coa Atención Primaria. Houbo un falecido no PAC da Estrada por falta de médicos. Non podemos permitir a estratexia de botafumeiro de Feijóo: prometer ata 2030 o que non fixo en dez anos".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019