CRTVG

Buscar

Caballero pídelle ao Estado que estude todas as posibilidades para o mantemento do emprego en Alcoa, e o BNG di que a solución pasa por nacionalizar a planta

Publicado o 29/05/2020 15:00

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lembra que a multinacional Alcoa "recibiu centos de millóns de euros ao longo de tantos anos desde as distintas administracións públicas ten que manter o seu compromiso co emprego na factoría de San Cibrao". Ao mesmo tempo, o líder dos socialistas galegos apelou á actuación do Goberno central neste asunto. "Pedímoslle ao Goberno do Estado que estude todas as formas de intervención que sexan legal e econonmicamente viables".

Pola súa banda, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que se Angela Merkel pode nacionalizar unha empresa como Lutfhansa en Alemaña, "por que non se vai poder nacionalizar Alcoa na Galiza", e asegurou que"un Goberno do BNG é a garantía de que imos traballar nese reto como primeira prioridade".

Noticias web

29/05/2020