CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero pídelle á Xunta que faga unha aposta clara pola universidade pública

Publicado o 03/09/2021 14:03

O secretario xeral dos socialistas galegos Gonzalo Caballero reclamou no inicio do curso académico que a Xunta reforce a universidade pública e a dote de máis fondos e medios. 

"A Xunta ten que facer unha aposta clara pola universidade pública, con mais fondos, para que a universidade teña todos os medios para docencia e investigación, e unha transferencia de resultados de primeira, que é o que está facendo, e necesita todo o apoio de financiamento público", asegurou Gonzalo Caballero.

Noticias web

03/09/2021