CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero pide máis fondos para atender os concellos

Publicado o 30/09/2020 14:17

O líder dos socialistas galegos mantivo esta mañá unha xuntanza con alcaldes do Ribeiro.
Na visita a unha adega instou o Goberno galego a asumir responsabilidades no ámbito sanitario. Asegurou Gonzalo Caballero que hai que defender o municipalismo atendendo, dixo, as necesidades dos alcaldes e alcaldesas. Pide máis fondos para atender a covid-19.

"Apoiamos os alcaldes que defenden os seus veciños pedindo mais fondos para atender a covid-19, os alcaldes que piden mais información para saber cal e o número de contaxios e de rastrexadores que hai en canda un dos concellos, os alcaldes que defenden os galegos e as galegas", asegurou Gonzalo Caballero.

Noticias web

30/09/2020