CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "Os PXE teñen alto contido social e manterán o compromiso co AVE"

Publicado o 14/01/2019 12:51

Marcos Sueiro entrevista esta mañá no Bos Días a Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE

"Os orzamentos do Estado están ben formulados e son para a xente"

"É moi importante que os presupostos saían a diante. É positivo que haxa orzamentos para o conxunto da cidadanía e, en concreto, é positivo que haxa orzamentos para as galegas e os galegos. Son uns orzamentos cun alto contido social, que van repercutir no día dos cidadáns, como revalorizar as pensións, subir os salarios dos empregados públicos, a universalización da sanidade para todos, fondos importantes para a axuda a dependencia, fondos importantes para a loita a violencia machista, son uns orzamentos cun clarísimo contido social. Implica que máis do 50 por cento do que vai gastar o Estado está dedicado a políticas sociais e isto aféctalle moito a Galicia. En Galicia temos máis de 700.000 pensionistas, que van ver como se revalorizan e soben as pensións. Esta é a diferenza destes orzamentos coa formulación que facía a dereita cando gobernaba España hai un ano, en xaneiro de 2018 o PP dicía que non era posible subir as pensións. Agora temos uns orzamentos para que os case 800.000 pensionistas galegos poidan ver como as súas pensións se revalorizan. Son uns orzamentos ben formulados, que apostan pola educación pública, sanidade pública, pensións, dependencias son uns orzamentos pensados na xente. E bo para darlle estabilidade ao país, para darlle posibilidade de ter un goberno que pensa na maioría, que os orzamentos saían adiante".

Os PXE manterán o compromiso co AVE

"Hai que esperar para ver os investimentos territorializados. Os orzamentos xerais do Estado van manter todo o compromiso no investimento da chegada do AVE a Galicia, que non hai nin un minuto da chegada do AVE a Galicia derivada nin da xestión do Goberno, nin destes orzamentos; máis ben ao contrario. Ademais, á hora de falar de orzamentos para Galicia, amais de destacar todas as políticas sociais, que son as máis importantes (...) Un millón de galegos van ver como os seus ingresos, nas pensións, nos salarios públicos, no salario mínimo interprofesional, coa prestación de autónomos, a sua renda disponible vaise ver modificada e impulsada con este orzamentos. E logo está a decisión, tomada no Consello de Ministros de Pedro Sánchez, de investir en Ferrol, na construción das fragatas, 4.300 millóns de euros para facer cinco fragatas, que vai supoñer milleiros de empregos, sobre 7.000 empregos, que vai a ter repercusións positivas para o conxunto de Galicia. Para que nos fagamos unha idea, a Xunta de Galicia pode investir ao ano 1.600, 1.800 cando nos van moi ben as cousas".

"Vai subir a recadación por moitos factores. En primeiro lugar, porque fronte a aqueles pregoeiros que dicían que os socialistas cando chegan son un fracaso económico, pois xa se ve que non: o país medra economicamente, a taxa de crecemento e por enriba, con amplitude, do 2% no 2018 e tamén a vai manter no 2019 (...) e, ademais, vai haber maior recadación. (...) Así imos ter a posibilidade de facer aquilo que hai un ano a dereita dicía que era imposible. Revaloraizar pensións, subir en sanidade, permitir que haxa máis bolseiros en Galicia, uns 3.000 máis, iso é cuestión. Vai haber unha transición ecolóxica importante, está establecida en térmos europeos (...) O Goberno está tomando decisións con responsabilidade e con acerto para ter uns bos orzamentos para o país".


Negociacións dos presupostos

"Eu creo que lle corresponde ao grupo parlamentario do Goberno ter a capacidade para buscar todos os apoios necesarios para levar adiante os orzamentos. Creo que hai que dicirlles as galegas e galegos que hai un goberno que está tomando decisións positivas (...) E para tomar esas decisións positivas hai unha responsabilidade do partido que está gobernando e unha corresponsabilidade das outras forzas políticas. Hai oito meses era necesario presentar unha moción de censura ante o goberno do PP, que non quería asumir as responsabilidades políticas da sentencia da Gürtel, dunha corrupción que estaba asolagando o país e que o PP pensaba que a corrupción era algo co que se podía convivir sen tomar decisións; iso provocou que Rajoy perdese o Goberno de España, que houbese un Goberno alternativo, un goberno que ten prioridades importantes (...), saímos da crise con desigualdade e risco de exclusión social para moita xente, a prioridade social do Goberno é o que máis me preocupa. En segundo lugar, un Goberno que ten compromiso de rexeneración política fronte ao que pasou cando gobernaba o partido popular coa corrupción (...). Tamén un Goberno que quere recuperar liberdades; liberdades da cidadanía, de igualdade e nos avances sociais. Iso é o que me preocupa e me ten que preocupar como responsable do PSdeG. (...) Non hai na rúa unha dinámica de petición de eleccións xerais, fronte ao que quere formular a dereita de forma continúa".

"O Goberno está traballando en buscar solucións para Alcoa"

"Cada representante político tén que dicir o que pensa, o que dice Yolanda Díaz [sobre Alcoa]... A de Alcoa é unha situación complexa. O Goberno está actuando con total delixencia, eu tiven unha longa conversa coa ministra de industria hai dous días, e eu creo que o Goberno está involucrado ao 100 por cento. O Goberno xa conseguiu solucións para dúas situacións análogas, a de Vestas e a de Cemex. Creo que hai que conseguir que a multinacional Alcoa entenda por responsabilidade social, e pola acción conxunta de todos los actores políticos e sociais e da opinión pública en España, que non pode tomar unha decisión que supoña o peche das plantas de Coruña e de Ävilés. Cando falamos de intervención temos que saber de que falamos, o Goberno sempre intervén, está intervindo: hai unha mesa laboral no ministerio de Emprego, hai unha mesa industrial no ministerio de Industria, e polo tanto está intervindo para buscar solucións, para conseguir seis meses máis de prazo para lograr novos inversores; e teñen aparecido dous novos inversores que teñen amosado interese, pero estas cuestións son moi complexas, porque hai buscar mecanismos que lle dean unha folla de ruta e desenvolvemento á planta de Coruña de Alcoa. O aluminio ten mercado. (...) Temos que entender que os escenario de futuro ten que ser con novos investidores, coma noutras actividades industriais".

"Nos próximos meses estarei no Parlamento galego"

"Levo como secretario xeral do PSdeG 14 meses. Gañei unhas primarias, levo 20 anos militando desde as bases sempre con moita lealdade á organización. Eu sempre me ativen a miña actividade na universidade de Vigo e tamén noutras universidades, estando tamén nos Estados Unidos algunhas temporadas e demais, porque era o meu traballo e tamén porque creo que á vida política é positivo achegar a traxectoria previa, laboral, no meu caso académica, investigadora, e cando cheguei á secretaría xeral quería achegar tamén que á política se iba coa vida resolta, sin buscar ningún tipo de promoción económica... pois estou cumprindo o que dixen: ser un cidadán que mantén a súa actividade laboral e a maiores ter unha actividade inmensa recorrendo Galicia para darlle un cambiamento ao país. E agora que pasou un tempo razoable, a previsión que temos é que nos próximos meses poida estar no Parlamento galego,... para liderar unha alternativa para acadar un cambio político que sexa favorable para a maioría das galegas e dos galegos".

"Tras as proximas eleccións haberá un Goberno progesista"

"Galicia, co Goberno de 10 anos de Fejóo, máis alá da mercadotecnia que Feijóo consegue trasladar aos medios, a verdade é que o país vai perdendo pulo. Nas últimas semanas vemos que Galicia, algo que non pasaba desde hai tempo, volve estar por debaixo dos dous millóns setecentas mil persoas; perdemos poboación, temos menos poboación ocupada afiliada á Seguridade Social que cando chegou Feijóo, temos unha sanidade pública moi danada polo PP, cunha crise gravísima que o presidente da Xunta negaba ata hai pouco, que agora recoñece pero non ten a capacidade de atender, que están saíndo milleiros de cidadáns á rúa, porque o PP non tivo proxecto para o país. Axustou as contas, conseguiu pasar a crise económica axustando contas, pero non hai un proxecto de futuro no eido económico, no eido social, no eido demográfico. E, polo tanto, eu tomarei todas as decisións necesarias para que a Galicia na que vivan os meus fillos sexa unha Galicia con máis posibilidade de futuro para esa xente nova que se ten que ir vivir fóra para poder desenvolver todas as súas capacidades, toda a súa formación. Para iso é para o que eu estou dedicando 24 horas ao día, para abrir unha nova etapa política en Galicia, e tomarei todas as decisións necesarias para que cando Feijóo queira convocar as eleccións autonómicas en Galicia haxa un Goberno progresista liderado polo PSdeG".








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019