CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "O tempo das candidaturas e das listas xa pasou"

Publicado o 25/03/2019 15:22

Continúa a pugna no PSOE de Ourense pola designación de candidato á alcaldía tras da renuncia de José Ángel Vázquez Barquero. O líder dos socialistas galegos evitou hoxe dar pistas. Gonzalo Caballero reitera que o tema das listas do PSdeG é un asunto pechado.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "O tempo das candidaturas e das listas xa pasou. É o tempo de falar coa xente, que é a que nos preocupa. Non queremos estar mirando ao espello. Queremos ser o reflexo da sociedade, e para iso traballaremos arreo con vistas ás eleccións de abril".

 

Noticias web

25/03/2019