Gonzalo Caballero: "Non queremos gañar as enquisas, queremos gañar as eleccións"
Publicado o 18/04/2019 15:09
O Partido Socialista de Galicia tivo acto esta mañá na Mariña.Gonzalo Caballero visitou o museo da vila onde están os pasos da Semana Santa e aproveitou para facer balance no ecuador da campaña. Os socialistas galegos están contentos cos resultados das enquisas porque, din, as expectativas son moi boas.
O candidato do PSOE á Presidencia do Goberno estivo este mediodía en Lleida, onde aproveitou para pasear polo centro da cidade e tamén para visitar a Seu Vella, a catedral primitivca da cidade. Estivo acompañado só polo seu equipo de campaña e por políticos socialistas como o alcalde de Lleida, Félix Larrosa. Sánchez non fixo declaracións durante esta visita. Pola tarde está previsto que participe nun mítin en Badalona.