CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "No Barco de Valdeorras o PSdeG ten un alcalde de referencia"

Publicado o 11/05/2019 15:12

O PSdeG non ten hoxe ningún acto de campaña electoral polo falecemento de Alfredo Pérez Rubalcaba.

Esta información corresponde ao último acto celebrado, na mañá do venres 10.

 

Nada máis coñecerse o falecemento de Alfredo Pérez Rubalcaba, o Partido Socialista suspendeu a súa axenda de actos. A nova chegou pouco despois de que Gonzalo Caballero iniciara a campaña na comarca de Valdeorras. 

O secretario xeral do PSdeG PSOE elixiu a comarca de Valdeorras para comezar o seu percorrido por Galicia nestas eleccións municipais. Acudiu a apoiar o candidato socialista ao concello do Barco de Valdeorras, Alfredo García, que leva 19 anos como alcalde. Arroupado por militantes e simpatizantes, Caballero fixo un percorrido pola localidade pedindo o voto para que García continúe co seu labor á fronte do consistorio. O aspirante á reelección di que ten a mesma ilusión ca o primeiro día.

Destacou Gonzalo Caballero que esta vai a ser unha campaña en positivo que percorrerá moitos concellos de Galicia para chamar á mobilización e conseguir mellorar os resultados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019