CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero, moi satisfeito co equipo da Deputación de Lugo

Publicado o 22/06/2019 14:26

Gonzalo Caballero estivo hoxe en Lugo intentando pechar a crise aberta no partido socialista tras a dimisión de Álvaro Santos como secretario provincial e a saída de Darío Campos da presidencia da Deputación. O líder dos socialistas galegos acompañou hoxe o que, previsiblemente, será o substituto de Campos, o actual alcalde de Monforte. 

Gonzalo Caballero xuntouse coa militancia socialista para amosar, dixo, a fortaleza e a unidade do vindeiro goberno da Deputación á fronte do cal previsiblemente estará o alcalde de Monforte, Xosé Tomé.

A presidencia chégalle a Tomé despois de que Ferraz aprobara a proposta do PSdeG prescindindo así do actual presidente en funcións, Darío Campos, alcalde da Pontenova, quen tampouco será deputado. Na foto de familia, ademais, estaba a concelleira da capital Ana Abelleira, quen tamén será deputada, co cal o partido xudicial de Lugo terá representación na Deputación.

Deste xeito, dáse así por pechada a crise no socialismo lugués que rematou coa dimisión de Álvaro Santos como secretario provincial e coa saída de Darío Campos da Deputación. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019