CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero insiste en lanzar unha mensaxe de unidade interna dos socialistas

Publicado o 04/09/2021 14:30

O líder do PSdeG insistía en lanzar unha mensaxe á unidade interna na Interparlamentaria deste sábado en Santiago. Facíao logo de pechar listas únicas en 3 das 4 provincias para o Congreso Federal. En todas as cidades menos en Ourense.

E todo co foco posto aínda nas primarias e o congreso galego deste outono. Insistía Gonzalo Caballero en que "o partido non está para poñer o foco en si mesmo". Para o novo curso político Caballero propón tres grandes pactos de país polos servizos públicos, a modernización da economía e o municipalismo. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

04/09/2021