Gonzalo Caballero: "Hai que seguir avanzando pola vía do progreso social"
Publicado o 15/04/2019 21:48
O líder dos socialistas galegos está arestora en Culleredo. No acto de hoxe está acompañado pola candidata socialista ao Congreso pola provincia da Coruña, Pilar Cancela, e tamén polo alcalde socialista desta localidade, José Ramón Rioboo. Caballero reiterou que, malia que as enquisas lles dan bos resultados, non hai que confiarse. Hai que seguir traballando, dixo, para conseguir unha maioría suficiente para o PSOE.
En Leganés, Pedro Sánchez pediu outros 4 anos de goberno para avanzar en políticas sociais, emprego e loita contra o cambio climático.