CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero fai balance en Ourense e agarda resultados históricos o domingo

Publicado o 23/05/2019 21:36

O líder dos socialistas galegos acudiu esta tarde a Ourense para arroupar o candidato socialista á alcaldía. Neste penúltimo día de campaña, Gonzalo Caballero elixiu a cidade de Ourense para desenvolver o seu mitin central. Aquí, arroupado por militantes e simpatizantes, pediulles o voto para Rafael Rodríguez Villarino.

Dixo que é a opción de progreso para Ourense. Un mitin en que os socialistas fixeron balance da campaña que levan desenvolvido ao longo de todos estes días. Asegurou Caballero que foron moitos os quilómetros percorridos, que estiveron a pé de rúa e en contacto, aseguran, coas necesidades da cidadanía. Din que teñen o vento a favor e agardan resultados históricos o domingo.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019