CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero evita falar sobre a crise aberta no seo do PSdeG

Publicado o 20/08/2021 15:47

Gonzalo Caballero mantén a súa axenda por Galicia alleo á fenda aberta no seo do PSdeG. Por terceiro día evita facer valoracións públicas, malia as preguntas dos xornalistas, nunha visita a Salvaterra de Miño.

Foi un escrito do secretario de Organización dos socialistas, Jose Antonio Quiroga, a que destapou a fenda interna no PSdeG. Malia o ataque contra cargos e militantes do partido, Quiroga evita agora entrar na polémica.

O regueiro de críticas a través das redes sociais alcanza tamén á dirección do partido. Suman xa cinco as renuncias na executiva, dúas delas nas últimas horas. A exalcaldesa de Sarria, Pilar López, di que se vai porque sente que estorba e apunta directamente ao secretario de Organización, ao que acusa de levar o partido por mal camiño.

Canda ela marcha tamén, por discrepancias, a concelleira ourensá Concha García Lozano. Entra na dirección galega a alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel.

O PSdeG afronta nesta situación os preparativos do congreso que se celebrará en decembro.

Noticias web

20/08/2021