CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero e Formoso debaterán este mércores ás once da noite

Publicado o 26/10/2021 17:15

Os dous candidatos a lidera-lo Partido Socialista de Galicia celebrarán un debate mañá mércores ás once da noite. Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso confrontarán os seus proxectos na sede do partido e poderase seguir en streaming a través da páxina web. Caballero di que está disposto a participar en máis debates e acusa a Formoso de ter un discurso que non é de esquerdas.

Mentres, Valentin González Formoso dirixíase hoxe á militancia por carta. Pídelles que o sábado acudan votar masivamente nas primarias. No texto dilles que é hora de elixir entre "seguir sendo o furgón da política galega" ou sumarse á oportunidade de fortalecer o partido e relanzar o proxecto socialista.

Noticias web

26/10/2021