CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero desvela unha intervención súa na televisión cando era un neno

Publicado o 18/10/2021 11:58
Gonzalo Caballero desvela unha intervención súa na televisión cando era un neno

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE, publicou na súa conta de Twitter un chío dunha intervención súa nun programa de televisión. Afirmou que fora unha deputada do BNG quen o vira e díxolle que cría que ese neno era el.

O vídeo, segundo destacou Caballero, debe de ser de hai case 40 anos. Dixo que se lembraba de que o gravaran, pero que nunca o vira, e fíxolle moita graza. Na súa intervención, Caballero destacaba que en Ponteareas cortaran unhas árbores, que protestaran e quería que "toda España se decatara do que fixeron".

Noticias web

18/10/2021