Gonzalo Caballero, convencido de que o PSdeG vai subir en todas as vilas galegas
Publicado o 23/04/2019 15:16
O líder dos socialistas galegos segue o seu percorrido por Galicia. Hoxe, acompañado pola ministra de Defensa, entregaron propaganda electoral pola cidade de Ferrol. Margarita Robles asegurou que os socialistas están comprometidos con Galicia en materia de emprego. Gonzalo Caballero dixo que está convencido da vitoria dos socialistas o vindeiro domingo. Segundo as súas previsións van medrar en número de votos en todas as cidades, vilas e aldeas de Galicia.
Gonzalo Caballero estivo nas últimas horas tamén en Vilagarcía, onde animou os militantes e simpatizantes a non confiarse das enquisas. Estivo acompañado do voceiro do grupo socialista no senado, Ander Gil.