Gonzalo Caballero, convencido de que o domingo os socialistas gañarán as eleccións
Os socialistas galegos recibiron hoxe a visita da ministra de Defensa. Margarita Robles estivo pola mañá en Ferrol repartindo propaganda electoral e despois xantou en Betanzos con militantes e simpatizantes socialistas. Acompañada do líder do PSdeG, destacou o compromiso dos socialistas con Galicia en materia de emprego. Gonzalo Caballero pediu apoio masivo o domingo para alcanzar unha maioria suficiente que lle permita ao PSOE seguir avanzando en políticas, dixo, que melloren a vida dos cidadáns.
Margarita Robles estivo pola mañá en Ferrol repartindo propaganda electoral e despois xantou en Betanzos con militantes e simpatizantes socialistas. Acompañada do líder do PSdeG, destacou o compromiso dos socialistas con Galicia en materia de emprego. Gonzalo Caballero pediu apoio masivo o domingo para alcanzar unha maioria suficiente que lle permita ao PSOE seguir avanzando en políticas, dixo, que melloren a vida dos cidadáns.
Despois a ministra de Defensa e o secretario xeral dos socialistas galegos trasladáronse ata As Pontes onde participan arestora nun acto de campaña. Margarita Robles reivindicou o Goberno de Pedro Sánchez. Gonzalo Caballero mostrouse convencido de que o domingo os socialistas gañarán as eleccións cunha ampla maioría.