Gonzalo Caballero considera un "erro histórico" a oposición de PP e BNG aos Presupostos estatais
Publicado o 05/12/2020 14:44
Os Orzamentos estatais para 2021 seguen a xerar titulares no eido político. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, cualifica como "erro histórico" a oposición do PP e do BNG aos Presupostos. Insistiu en que están centrados no gasto social e nunha política económica expansiva fronte á crise.
"Son os Orzamentos xerais do Estado imprescindibles para poder reactivar a economía e a vida no noso país. E atopámonos que fronte aos Orzamentos de corte expansivo e de corte social que defendemos os socialistas, as dereitas e tamén o BNG optaron por unha oposición a estes Orzamentos que constitúe un erro histórico", manifestou Caballero.