Gonzalo Caballero comprométese a impulsar a cooperación cos concellos
Publicado o 11/03/2020 15:38
O líder do PSdeG reuniuse esta mañá cos alcaldes socialistas da provincia de Pontevedra. Con este acto, Gonzalo Caballero quixo poñer en valor a política local.
Dixo que, se goberna a partir do 5 de abril, apostará pola política de diálogo cos alcaldes para atender as necesidades dos cidadáns. Ofreceu cooperación aos alcaldes cun Goberno progresista á fronte da Xunta de Galicia.