Gonzalo Caballero: "Cómpre mobilizarse para que Sánchez siga de presidente"
Publicado o 12/04/2019 15:56
O PSdeG- PSOE abriu campaña en Vigo. Gonzalo Caballero percorreu o barrio do Calvario acompañado de simpatizantes socialistas. Dixo que o voto ao PSOE é o voto útil. Pola tarde estará en Ourense acompañado do ministro Borrell.
Pedro Sánchez, que aspira a repetir como presidente do Goberno, escolleu a localidade sevillana de Dos Hermanas para iniciar a campaña.