CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero asegura que os orzamentos do Estado melloran os ingresos

Publicado o 28/01/2019 12:10

O líder dos socialistas galegos asegura que os orzamentos xerais do estado melloran os ingresos mensuais dun millón de galegos, entre pensionistas, autónomos,  traballadores públicos e receptores de rendas mínimas.

Gonzalo Caballero reta o PPdeG a pór sobre a mesa as melloras das partidas destinadas a Galicia que esixe para dar un si ás contas públicas. Na mesma entrevista, Caballero deixa tamén unha mensaxe para os 5 deputados de En Marea.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "Apoiar unha emenda á totalidade destes orzamentos de contido social será unha labazada á cidadanía". Eu reto a Feijóo a que a poña os dereitos dos galegos e das galegas por riba dos intereses do PP de Casado e de Vox, e que diga que condicións quere nestes orzamentos para que o Partido Popular apoie estes orzamento xerais do estado".

Noticias web

28/01/2019