CRTVG

Buscar

Caballero di que as cousas van ben para os socialistas nas catro provincias galegas

Publicado o 21/04/2019 14:48

Gonzalo Caballero asegura que as cousas van moi ben para os socialistas nas catro provincias galegas ao coñecer as últimas enquisas electorais publicadas hoxe por varios medios de comunicación. O líder dos socialistas galegos dixo tamén que non hai que confiarse e que hai que traballar duro ata o vindeiro domingo. Fixo estas declaracións nun acto de campaña que se desenvolveu este mediodía na Illa de Arousa.

En Cangas de Onís a vicesecretaria do PSOE, Adriana Lastra, pediu apoio para o seu partido para seguir aprobando novos dereitos. Di que estes dez meses de Goberno foron só un aperitivo.

 

 

Noticias web

21/04/2019