CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero arroupa no Carballiño o candidato socialista

Publicado o 21/05/2019 21:43

O secretario xeral dos socialistas galegos participa arestora nun mitin na localidade do Carballiño. Gonzalo Caballero arroupou o candidato socialista, que aspira a continuar á fronte da alcaldía tras o 26 de maio. Francisco Fumega repasou os logros acadados e tamén falou das súas propostas.

O candidato socialista á alcaldía falou dalgunhas das 73 novas propostas e fixo fincapé na construción dun novo polígono industrial e na ampliación do centro de saúde.

Francisco Fumega leva catro anos gobernando O Carballiño, en minoría. Tiña 8 de 17 concelleiros e no último ano tres deles abandonaron as filas socialistas e pasaron ao grupo dos non adscritos. Así que, dixo, precisa dunha maioría ampla a partir do 26 de maio para seguir cos proxectos estratéxicos, que melloren, asegurou, a vida dos veciños do Carballiño. Pola súa parte, Gonzalo Caballero pediu a mobilización dos veciños para que Fumega consiga poder gobernar sen pactos.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019