CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero apoia o xinecólogo de Verín sancionado polo Sergas

Publicado o 01/07/2021 16:00

O xinecólogo de Verín sancionado polo Sergas por faltarlle ao respecto a unha compañeira pediatra aseguraba esta mañá que vai acudir aos tribunais. Considera a sanción de dous días sen emprego e soldo inxusta.

Fixo as declaracións acompañado polo secretario xeral dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero defendeu o doutor, ao que cualificou de excelente profesional e de ser vítima dunha persecución política.

Noticias web

01/07/2021