Gonzalo Caballero apela á militancia para construír o futuro do partido socialista
Publicado o 18/09/2021 18:08
Gonzalo Caballero volveu apelar hoxe á militancia para construír o futuro do partido en España e en Galicia. Fíxoo na presentación do libro sobre a historia do socialismo na Coruña, coordinado por Antonio Campos Romay e con contribucións de moitos socialistas coruñeses.
Ante o expresidente da Xunta Fernando González Laxe e o anterior delegado do Goberno, Caballero aseguraba que o impulso da militancia ten que seguir "sendo vital" para apoiar o proxecto federal do presidente Pedro Sánchez.