Gonzalo Caballero apela á cooperación entre administracións para materializar a venda de Alcoa
Publicado o 01/06/2021 14:43
O secretario xeral dos socialistas galegos e o grupo provincial desta formación na Deputación de Lugo, abordaron esta mañá as cuestións que máis precupan na provincia. Alcoa foi unha das problematicas que centraron a xuntanza.
Os socialistas galegos van manter a unidade de acción das administracións para que se materialice a venda da factoría de San Cibrao e que se garanta o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo na Mariña.