CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero agarda o pleno en que asumirá a presidencia do grupo parlamentario socialista

Publicado o 16/07/2019 14:27

Gonzalo Caballero agarda a celebración dun pleno no Parlamento galego para poder tomar posesión do seu escano. Abrirá así unha nova etapa en que, segundo dixo, asumirá todas as responsabilidades que lle correspondan como presidente do grupo socialista.

Caballero asegura que "dentro dos prazos que están estipulados, eu asumirei as miñas responsabilidades no grupo parlamentario socialista, como presidente do grupo parlamentario. No seguinte pleno prometerei o cargo para poder exercelo en toda a plenitude".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019