González Pons, eurodeputado do PP, é candidato a presidir a Eurocámara tras a renuncia do alemán Manfred Weber
Publicado o 08/09/2021 21:15

Esteban González Pons do Partido Popular podería presidir a Eurocámara en Bruxelas. O alemán Manfred Weber anunciou hoxe o seu obxectivo de liderar o Partido Popular Europeo, desbotando a súa opción a presidir a institución europea. Unha renuncia que lle abre a porta ao eurodeputado español. Pablo Casado atópase estes días en Berlín e vai reunirse coa cúpula polo que o desenlace podería coñecerse durante a súa visita.