CRTVG

Buscar

González Laya, contundente desde O Senegal contra a migración ilegal

Publicado o 23/11/2020 08:43

A chegada de embarcacións ás Canarias reactívase despois de tres xornadas de tregua. Con todo, a imaxe no peirao de Arguineguín é moi diferente á da semana pasada. Rexistra a cifra máis baixa de personas amoreadas, con preto de 600 inmigrantes á espera dun centro de acollida. A ministra de Asuntos Exteriores deixaba no Senegal unha mensaxe contundente contra a migración ilegal.

Di Arantxa González Laya que quen use as vías ilegais terá que volver ao seu país: "As portas de España estarán abertas para os senegaleses que queiran migrar de xeito legal e ordenado. Pero, terceira mensaxe e compromiso moi claro por parte das autoridades senegalesas de loitar conxuntamente contra a migración ilegal, a clandestina, a que está en mans de redes criminais".

Noticias web

23/11/2020