CRTVG

Buscar

González Laxe: "O impacto desta crise sobre o PIB galego oscila entre o 5 e o 7%"

Publicado o 13/04/2020 10:49

Analizamos a situación económica con Fernando González Laxe. Laxe, catedrático de Economía Aplicada, foi presidente da Xunta de Galicia e é un dos impulsores do Foro Económico de Galicia, que acaba de facer o primeiro informe sobre o impacto da pandemia sobre a economía galega.

"Sabemos que isto é duro, pero hai que resistir, ter moito ánimo e moita paciencia. Nós fixemos un traballo do Foro Económico do que forman parte empresarios e profesores universitarios. Levamos máis de 8 anos traballando e sacando informes. O último informe tratou do efecto económico deste virus na economía galega".

"Estimamos que o impacto sobre o produto interior bruto de Galicia oscila entre o 5,6 e o 7,4%, se contamos de 6 a 8 semanas. Aí o que miramos son todas as opcións, os sectores, os impactos e o grao de exposición que teñen os sectores económicos despois deste shock da oferta, da caída da demanda e esta perda de rendas".

Noticias web

13/04/2020