CRTVG

Buscar

González Laxe: "Non damos suficientes salarios nin cobertura para que a xente quede en Galicia"

Publicado o 25/06/2018 10:30

O ex-presidente da Xunta, Fernando González Laxe acudiu á entrevista do Bos Días para reflexionar sobre a actualidade política de Galicia e de España.

  • "A comisión do Pacto de Toledo debe rematar os traballos sobre o debate das pensións. Os partidos políticos deberían aceptalo e deixar de lado as liortas sobre este tema".
  • "É moi difícil incorporar tecnoloxía para ser máis produtivo cando o traballo e temporal e as empresas son tan pequenas".
  • "Non damos suficientes soldos nin coberturas como para que a xente quede en Galicia. Se foramos capaces de mellorar, madrariamos moito como comunidade autónoma e a nivel internacional".
  • "Temos moitos recursos naturais e moi bos investigadores sobre os alimentos. Podemos producir produtos que teñan moito valor engadido e tamén enerxías renovables alternativas".
  • "Galicia medra pero non xera emprego. Temos que revisar as políticas de promoción económica e as políticas industriais. As empresas hai que adaptalas aos sectores que sexan multiplicadores de emprego".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2018