CRTVG

Buscar

González Formoso, ratificado como secretario provincial do PSdeG da Coruña

Publicado o 13/01/2018 23:28

Os socialistas coruñeses están a celebrar hoxe en Teo o congreso no que se ratifica a Valentín González Formoso como secretario provincial, tras as primarias. 

De aquí sairá tamén a nova executiva do PSdeG coruñés. Estará composta por unhas 40 persoas.Nesa executiva, González Formoso estará asistido por varios vicesecretarios. Entre eles dáse por seguro que estarán varios alcaldes, como o de Pontedeume, a de Bergondo ou o de Oroso. Estar tarde saberase, ademais, se o novo equipo integrará tamén persoas asociadas á outra candidatura, a de Mercedes Rosón. A presidencia provincial do partido vaina ocupar o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño. González Formoso fixaba esta mañá o inicio do cambio político nas municipais do 2019 e aseguraba que o PSdeG ten como "reto volver á vangarda política" "desde a unidade, a xenerosidade e o compromiso".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018