González Formoso: "Creo que están a ser unhas primarias moi limpas"
Publicado o 02/10/2021 13:28
As primarias do PSdeG-PSOE son agora mesmo un dos referentes principais do panorama político galego. Un dos candidatos a liderar o partido, Valentín González Formoso, considera que o proceso está a ser "limpo" e que debe prevalecer o contraste de proxectos e programas fronte aos personalismos:
"Sinceramente, creo que están sendo unhas primarias moi limpas, o cal quero agradecer ao compañeiro e á organización en xeral, ao compañeiro Gonzalo e á organización. Creo que ten que ser así, un proceso no que hai que confrontar os proxectos e non confrontar as persoas. Creo que este sistema do que nos dotamos, do que pode gozar a cidadanía galega, hai que poñelo en valor ensinando o mellor de nós mesmos".